Video Resumo - Fonte da Virxe

Video Resumo - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

Video Resumo

Pinta & Punto


Coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental presentamos o video de Pinta&Punto, que reflexa o resultado final do Proxecto Artístico Participativo que promovemos no verán do 2017 no barrio de San Pedro e no Hospital Psiquiátrico de Conxo coa colaboración de Equipo ELE.



A autora desta crónica audiovisual é Laura Menéndez de Caleida Creacións. Os timelapse son obra de Marco Gelpi, responsable dos talleres de fotografía de Fonte da Virxe.

A música do audiovisual de Pinta&Punto é obra de Bernardo Martínez, Adrián Barreiro e Chus Díaz Fernández. Igual que o pasado 4 de agosto no Parque de Bonaval, a xornada de presentación do 10 de outubro pechouse cunha actuación en vivo de Ber e Adrián.

Agradecémoslle a Sonia e Cora, da Casa da Xuventude a cesión do espazo e todas as facilidades que nos deron para organizar a proxección e armar a montaxe 'Un mundo de puntos'.

Regreso al contenido | Regreso al menu principal