O banco dos 25 anos - Fonte da Virxe

O banco dos 25 anos - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

O banco dos 25 anos

 
 






 


   Buscando unha obra con significado que nos representara, a creatividade comezou a emerxer...   Ideas e deseño fóronlle dando forma ao símbolo e desvelando o reto: aportar algo de cada quen de nós e sumar cada día o esforzo de todos/as.

A porta do taller de barro foise abrindo para convocar á creación colectiva...  

E no  proceso aflorou o mellor, (o que fai que este traballo acade uns obxectivos extraordinarios):

  • Inclusión, amizade, traballo en equipo.

  • Cooperación.

  • Superación de malos momentos.

  • Entusiasmo!

  • Os  vínculos!!


Vínculos que lle dan vida aos talleres e os transforman en espazos  xeradores de sinerxias que fan posible realizar proxectos e superar obstáculos.

Resoan aínda as palabras de ánimo, doses de apoio e reforzo necesarias sempre para continuar, para non desistir no intento...

E agora que se rematou, amais da pegada do vivido, queda a pequena (gran) obra onde encontrarse e repousar...  

Contabamos xa coa fonte que no seu momento foi  quen de xuntar ás persoas e facer comunidade.  Sentimos que o novo banco dos 25 anos cheo de cores  renova  e reforza ese don da Fonte da Virxe.



Continúa a coñecelo programa de actividades de participación aberta do noso 25 aniversario nos seguintes links:

Regreso al contenido | Regreso al menu principal