Santiago Medieval - Fonte da Virxe

Santiago Medieval - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

Santiago Medieval




 


 O pasado 5 de Maio participamos no proxecto Santiago Medieval, unha actividade organizado polo CEIP Lamas de Abade.

  O noso rol nesta actividade foi o de mestres/monitores dos nenos do centro.

  Puidemos mostrar parte dos talleres que facemos no noso Centro Ocupacional, ensinando os procesos de traballo que seguimos na elaboración de pezas de coiro e de encuadernación.

  Procuramos mostrar este proceso dunha forma clara e amena, de tal xeito que cada un de nós explicaba unha parte do proceso de creación das pezas.
  
  Coma colofón o final do percorrido do "traballo en liña" do taller de encuadernación, facíamos un sinxelo truco de maxia co noso "libriño máxico" suscitando a sorpresa e o aprauso dos asistentes.

  A experiencia didáctica foi moi positiva, xa que puidemos cambiar de rol e así pasar de alumnos a profesores por unha xornada e demostrarnos a nós mesmos e ós asistentes as nosas capacidades. Tamén nos serviu para repasar e recordar o aprendido e exercitar o trato cara o público, adquirindo soltura á hora de dar explicacións e manter a calma nunha situación nova e que podía resultar estresante.

 Por parte do profesorado e alumnado do colexio Lamas de Abade, sentimos unha receptividade moi grande de cara o noso papel na mostra o que nos fixo moi fácil o noso traballo.

  Aproveitamos para enviar agarimosos saudos e abrazos a todolos participantes na xornada, alumnos, profesorado, pais e nais.

  Deixamos a ligazón ao blog desta actividade Santiago Medieval:   santiagomedieval.blogspot.com.es/







 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal