Quen Somos - Fonte da Virxe

Quen Somos - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

Quen Somos

Quen somos
 


 A Asociación Fonte da Virxe de Familiares e Amigos dos Enfermos Mentais, foi creada en xullo de 1994, coa  finalidade de promover a recuperación dos enfermos mentais, a súa integración social, a mellora da asistencia e a súa calidade de vida, así como a defensa dos seus intereses e dereitos.

 A Asociación pretende, por unha banda, cubrir o baleiro existente de protección deste colectivo, promovendo e potenciando iniciativas que favorezan a súa integración laboral e social.

 Organizando actividades e creando servizos de tipo ocupacional, laboral, educativo, cultural, residencial, de lecer e de tempo libre, etc.

 E por outro, tentar cambiar actitudes erróneas informando sobre a realidade desta enfermidade que, como calquera outra de tipo orgánico, necesita: unha oportuna detección, prevención, un tratamento, unha medicación e de ser o caso, hospitalización e rehabilitación.

 O enfermo mental con tratamento adecuado, con seguimento da súa enfermidade, pode desenvolver unha vida normal, tanto a nivel social como laboral.

A nosa visión


Prestar servizos de calidade e eficacia.

Potenciar a participación das persoas con enfermidade mental e as súas familias.

Fomentar a igualdade entre ambos os sexos, posibilitando a incorporación na vida económica, cultural e social.

 
 
Os nosos valores


Empatía, familiaridade, proximidade e respecto ás persoas con enfermidade mental.

Compromiso e implicación.

Responsabilidade.

Transparencia e coherencia.

Eficacia e profesionalidade.

Calidade e mellora continua.

Identificación e compromiso por parte de todos coa misión e os propósitos da asociación.

 
 


Os servizos e programas que Fonte da Virxe, ofrece a familias e persoas que sofren enfermidade mental:


Psicoeducativos:

Buscan estimular a comprensión do usuario sobre a súa situación, axudándolle a ter un estilo de vida o máis san e normal posible ,
acorde coas características da súa problemática e dos coidados que require.

Autocuidado e Saúde:

Preténdese que o usuario adquira unhas habilidades necesarias para conseguir un maior grao de autonomía e independencia.

Administración da medicación e Control de Recaídas:

O obxectivo principal é que coñezan ao máximo posible a súa enfermidade para poder asumila e desta maneira sexan capaces de controlala.


Competencia persoal e autocontrol:

O obxectivo é dotarlles dunha serie de instrumentos que lle permitan enfrontarse aos problemas  e solucionalos dunha forma eficaz . (control da ansiedade, control cognitivo).

Fomento das actividades da vida diaria:

O obxectivo é aumentar, recuperar a autonomía e independencia persoal , desenvolvendo unhas capacidades e adquirindo unhas competencias básicas.

Autoestima:

O seu obxectivo é a recuperación mantemento ou aumento da autoestima e dun autoconcepto  positivo.


 
A nosa misión


Promover a recuperación e a integración psico social laboral , mellorar a asistencia e a calidade de vida das persoas  que padecen unha enfermidade mental.

Defender os seus dereitos e intereses,  e a protección das  persoas que padecen unha enfermidade mental que sexan menores de idade ou incapacitados.

Información, orientación e asesoramento:

Este é un servizo que está dispoñible para calquera, xa sexa desde a atención persoal ou por teléfono.

Grupo de auto-axuda familiar ou escola de familias:

Reúnense unha vez ao mes e comparten as súas experiencias. Xerando un maior entendemento da enfermidade e mellora da convivencia.

Os seus obxectivos son:

Afrontar a enfermidade

Compartir as dúbidas e as posibles solucións

Coñecer as ferramentas teóricas e prácticas para a comprensión do tratamento e da prevención

Coñecer o funcionamento do sistema de saúde mental

Formación do voluntariado:

Trátase de formar ás persoas que colaboran connosco.


 
 

Acompañamento integral e atención domiciliaria no rural:

Trátase dun servizo centrado na persoa e no seu entorno. Dirixido a persoas con dificultades en areas básicas da vida diaria, integración social e participación na comunidade; facilitando os apoios necesarios para a recuperación e promoción da autonomía persoal que favorezan unha boa calidade de vida.

Respiro familiar:

Este servizo está dirixido a proporcionar momentos de descanso, ocio, tempo libre... co fin de aliviar a carga, reducir a ansiedade e manter boas relacións familiares.

Piso tutelado ou  piso protexido:

Fonte da Virxe habilitou un piso para catro pacientes, no que pretendemos a recuperación das súas habilidades sociais, a promoción da súa autonomía e as relacións persoais. Trátase de rehabilitar e reinsertar na comunidade dunha forma o máis uniforme posible.

 
 


Consecuencias da realización deste programa:

Intelectuais e Físicas:

Desenvolvemento intelectual.
Logro de habilidades cognitivas.
Promover a comunicación.
Mellora das habilidades motrices básicas.
Mellora da coordinación muscular.


Sociais:

Adaptación e a integración nun grupo.
Mellora das relacións interpersoais e familiares.
Hábitos de autonomía persoal.
Habilidades sociais.

 
 

Emocionais:

Redución da tensión.
Aumento da autoestima.
Motivación.
Sentido da responsabilidade.

Formación laboral:

Promoción dunha actitude positiva para traballar.
Puntualidade.
Asistencia.
Organización dos traballos.
Técnicas de aprendizaxe.

Regreso al contenido | Regreso al menu principal