Obxectivos - Fonte da Virxe

Obxectivos - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

Obxectivos

Quen somos > Centro Ocupacional
 


  
O Centro Ocupacional terá como finalidade última procurar a integración de persoas adultas con enfermidade mental mediante a realización de actividades pre-laborais, persoais e sociais para o desenvolvemento da súa autonomía, capacitación social e habilitación laboral, en función das características e necesidades que presenten cada un deles.

A consecución deste fin último articúlase a través dunha serie de obxectivos xerais centrados nas necesidades e demandas da persoa con discapacidade:





  • Fomentar nos usuarios do centro o desenvolvemento de coñecementos, habilidades e actitudes de carácter formativo e prelaboral dirixidas a favorecer o seu desenvolvemento físico, intelectual, social e emocional a través da realización de actividades produtivas.


  • Favorecer a integración laboral dos usuarios do centro, xa sexa na empresa ordinaria ou en centro especial de emprego.


  • Fomentar o desenvolvemento persoal e a autonomía dos usuarios a través de actividades dirixidas especificamente a mellorar os seus coñecementos, habilidades e actitudes relativas á comunicación e a expresión, o control e manexo de emocións, a competencia social, o desempeño de tarefas cotiás, a toma de decisións, a saúde, a hixiene e a seguridade, os contidos académicos funcionais, etc.


  • Orientar aos usuarios cara aos recursos comunitarios que favorezan o seu desenvolvemento persoal: educativos, de lecer, sanitarios, laborais, etc.

Regreso al contenido | Regreso al menu principal