Menu Principal
Buscando unha obra con significado que nos representara, a creatividade comezou a emerxer... Ideas e deseño fóronlle dando forma ao símbolo e desvelando o reto: aportar algo de cada quen de nós e sumar cada día o esforzo de todos/as.
A porta do taller de barro foise abrindo para convocar á creación colectiva...
E no proceso aflorou o mellor, (o que fai que este traballo acade uns obxectivos extraordinarios):
Inclusión, amizade, traballo en equipo.
Cooperación.
Superación de malos momentos.
Entusiasmo!
Os vínculos!!
Vínculos que lle dan vida aos talleres e os transforman en espazos xeradores de sinerxias que fan posible realizar proxectos e superar obstáculos.
Resoan aínda as palabras de ánimo, doses de apoio e reforzo necesarias sempre para continuar, para non desistir no intento...
E agora que se rematou, amais da pegada do vivido, queda a pequena (gran) obra onde encontrarse e repousar...
Contabamos xa coa fonte que no seu momento foi quen de xuntar ás persoas e facer comunidade. Sentimos que o novo banco dos 25 anos cheo de cores renova e reforza ese don da Fonte da Virxe.