Cookies

Centro de Rehabilitación

Centro de Rehabilitación
Centro de rehabilitación

O Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral (CRPSL) é un dispositivo de atención social especializada de carácter ambulatorio. Ofrece unha serie de programas que atenden as necesidades terapéuticas de adultos con diagnóstico de trastorno mental grave. Nº de centro sanitario C-15-003517

A finalidade deste servizo é favorecer a integración social dos usuarios, facilitando a permanencia no entorno familiar e comunitario habitual. Presta tamén asesoramento e apoio ás personas coidadoras.

Equipo e Programas

Conta cun equipo multidisciplinar, composto por psicólogos, traballadores sociais, terapeutas ocupacionais e monitores, que actúa en coordinación cos servizos de Saúde Mental do SERGAS e outros dispositivos públicos de servizos sociais.

Séguese un modelo individualizado de atención, baseado no principio de acompañamento, que fomenta a participación activa das persoas diagnósticadas cunha doenza mental grave no seu proceso de rehabilitación. Cada plan de intervención concrétase en base aos Servizos, Programas e Actividades asistenciais que ofrece o Centro xunto con otros recursos comunitarios.

No CRPSL lévanse a cabo, entre outros, os seguintes programas:

Psicoeducación:
Trátase de estimular a comprensión do paciente sobre a súa situación, ayudandole a levar un estilo de vida saudable e acorde coas características da enfermidade que padece e dos coidados que require.

Educación de Adultos:
O seu propósito é a adquisición, recuperación ou mantemento das capacidades cognitivas, favorecendo as estratexias, procedementos e actitudes que permitan e faciliten a súa integración no medio.

Competencia persoal e autocontrol:
Trátase de dotarlles unha serie de instrumentos que lles permitan facer fronte a problemas que poidan xurdir, un deles é o trastorno mental asociado coa ansiedade.

Autocuidado e saúde:
O obxectivo é adquirir coñecementos prácticos necesarios para lograr un maior grao de autonomía e independencia.

Autoadministración de medicación e control recaídas:
O obxectivo é que a persoa coñeza ao máximo a súa enfermidade, para asimilala e así poder controlala.

Exercicios motóricos:
Teñen por obxecto o fortalecemento e a boa condición física en xeral, promovendo a actividade corporal e a mobilidade para evitar o sedentarismo e a rutina diaria.

Actividades

Os Obradoiros e Actividades do CRPSL son unha canle primordial para prestar apoio ás persoas con problemas de saúde mental que acoden a Asociación. Todas as propostas, que se ofrecen teñen como obxectivo básico potenciar o seu funcionamento independente e autónomo, o poder de decisión, a adquisición de destrezas e habilidades e promover actitudes positivas nas súas relacións interpersoais.

A oferta de Obradoiros e Actividades é ampla ( Cerámica, Coiro, Música, Informática, Xestión do estrés, Lectura…) para que cada quen atope os espazos e quefaceres que máis lle axuden en cada momento a sentirse mellor.

Información sobre as que están en activo actualmente:

  • Cerámica
  • Coiro
  • Fotografía
  • Música
  • Informática
  • Animación á lectura
  • Creatividade
  • Técnicas artesanais
  • Punto e costura
  • Ponte en forma
  • Expresión corporal
  • Horticultura
  • Coñecendo Compostela
  • Ofimática
  • Cociña
  • Ocio e Respiro
  • Cultura
  • Xestión do estrés
  • Habilidades de comunicación
  • Rehabilitación cognitiva