Expo Anual Granell 2018 - Fonte da Virxe

Expo Anual Granell 2018 - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

Expo Anual Granell 2018








Fonte da Virxe expón os seus traballos na Fundación Eugenio Granell

Baixo o nome "Vive a saúde mental, acepta a diferencia", a mostra contén diversos traballos realizados nos obradoiros da asociación.

O 11 de decembro haberá un acto de inauguración ás 18:30, e a exposición estará aberta ao público ata o 16 de decembro.

Ao igual que últimos anos, a asociación de saúde mental Fonte da Virxe organiza unha exposición dos traballos realizados polos seus usuarios no Centro de Rehabilitación e o Centro Ocupacional da entidade.

Esta mostra é posible grazas á colaboración coa Fundación Eugenio Granell, a cal acollerá a exposición na súa sede da Praza do Toural.
A mostra leva por nome "Vive a saúde mental, acepta a diferencia", título escollido polas persoas usuarias que conforman o Comité en 1ª Persoa da asociación.


Nela, poderán verse obras realizadas en diversas técnicas e formatos, todas elas artesanais, que comprenden traballos de cerámica, coiro, encadernación, etc.

O obxectivo desta mostra é dar a coñecer á cidadanía a labor que realiza a asociación Fonte da Virxe e o traballo que fan as persoas con problemas de saúde mental, coa fin de visibilizar ao colectivo e reivindicar o seu papel como parte activa da sociedade. Por iso, Fonte da Virxe quere dedicar a exposición a todas aquelas persoas que aceptan a diferencia e que loitan contra o estigma.

A inauguración da exposición terá lugar o martes 11 de decembro ás 18:30 na sede da Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural) e poderá visitarse ata o 16 de decembro.



Regreso al contenido | Regreso al menu principal