dia saude mental FEAFES - Fonte da Virxe

dia saude mental FEAFES - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

dia saude mental FEAFES


  FEAFES Galicia lanzou a súa campaña polo Día Mundial da Saúde Mental baixo o lema “Eu non teño prexuízos”. Trátase dunha campaña que consta de varias accións, das cales a principal é o lanzamento dun vídeo (con dúas versións) no que participan coñecidos actores e xornalistas galegos, que podedes ver neste enlace.

Ademais, conta cunha web informativa que serve de apoio á campaña: eunontenoprexuízos.org.

Nela, atoparedes un cartel descargable co lema da campaña co que animan a todo o mundo a que se faga fotos e as suba ás redes sociais, etiquetando a FEAFES Galicia ou poñendo o hagstag
#eunonteñoprexuízos.

Por outra banda, a campaña inclúe tamén a edición dunha guía titulada “Desmontando prexuízos sobre a saúde mental” que podedes consultar en versión PDF neste enlace.

Adiante!!! Botemos unha man na difusión desta campaña. Para iso, podemos compartir o vídeo e a web nas nosas redes sociais, ademais de facer fotos co cartel e compartilas co hagstag #eunonteñoprexuízos ou etiquetando a FEAFES Galicia.


 
Regreso al contenido | Regreso al menu principal