Album encargo da Xunta - Fonte da Virxe

Album encargo da Xunta - Fonte da Virxe

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal

Album encargo da Xunta

 


A Xunta de Galicia con motivo do Plan de Apoio á Natalidade, vai conceder a Tarxeta Benvida a tódolos nenos e nenas nacidos no 2016. Tiveron a feliz idea de acompañala de diferentes agasallos de distintas consellerías. A Dirección Xeral de Maiores e Discapacitados, encargounos 100 mini álbumes de fotos para que as familias poñan as primeiras fotos dos seus bebés.




Fixemos o par de probas que podedes ver na foto, de tipo acordeón, que pode usarse como libro de fotos e tamén como "expositor" de moble, con goma e papel de scrapbook mercado e outro modelo con cinta e papel de augas feito por nós.

Na Xunta pediron que mezclásemos os dous deseños e fixeramos os álbumes con goma e os nosos papeis de augas.

Puxémonos mans á obra e o primeiro que tocaba era tinguir os papeis:



Aquí podedes ver parte do proceso de tinguido. Bótanse unhas gotas de cor ó aceite nunha cubeta con auga xelatimizada, móvense as gotas ata obter o deseño desexado e botamos o papel sobre o auga con moito coidado de non formar burbullas de aire, sacamos o papel da cubeta e....¡SORPRESA!!! a tinta que flotaba no "baño" queda transferida no papel.



Logo do tinguido ven o secado, para o secado contamos con tendais que puxemos entre os carballos do noso xardín e tuvemos a sorte de contar con varios "milagreiros" días de sol.



Como vedes debemos tinguir moitos papeis para poder seleccionar os mellores e porque a larga preparación da cubeta e cores débese aproeitar o máximo posible, pois nin se pode aproveitar de un día para o outro, nin tódolos días fai o sol necesario para o seu secado.



Fixemos os acordeóns do interior con cartulina de 180gr. de cores suaves. Imprimimos as etiquetas da portada con un tipo de letra alegre e divertido, escollemos a cor das gomas, forramos os cartóns de tapas e pegamos o acordeón ás mesmas, logo de facer os orificios metálicos para enganchar as gomas.





Sempre procuramos escoller as partes máis atractivas dos papeis de augas e facer unha coidada combinación de cores do papel, cartulina interior, etiquetas e gomas para que o producto resulte armonioso e transmita cariño e alegría.

O resultado deixounos moi contentos e quixemos compartirlo con vos, intentamos facer unha selección pequena de fotos, pero foinos imposible escoller, ahí tendes un motón de eles ¡non vos emborrachedes!!!!!




Xa no final, co papel de augas "sobrante" tamén fixemos plumieres,  carpetas e marcapáxinas con frases sobre saúde mental para a campaña anti-estigma na que levamos traballando fai tempo.



Esperamos que vos gusten e sobre todo que os mini-albumes, acompañen ós nenos e nenas nacidos este 2016 durante moito tempo e fagan recordo dos seus primeiros días nesta terra na que entre todos lle dimos a benvida.


Regreso al contenido | Regreso al menu principal